O primeiro que pensamos foi que precisamos para escribir unha carta, e as respostas foron: un sobre, papel, lapis, a data, un buzón... e comezamos mans á obra, pero ó final decidimos que tamén a podíamos escribir entre todos no ordenador, e foi o que fixemos.
E dentro da carta para que nos coñecesen un pouquiño mellor mandamos uns debuxos que fixemos de nós mesmos, e tamén outros doutras cousas que nos apetecía debuxar (un colar, unhas flores, unha granxa...). Esperemos que lles gusten!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario