
Tamén vos deixo un enlace para descargar un montón de mandalas de Nadal que fun arquivando, de distintos sitios da rede, moitas das páxinas que teño enlazadas na parte dereita do blog.Só tedes que picar na imaxe que aparece de exemplo, e descargar toda a carpeta (aparece comprimida, igual que os abecedarios, así que precisades un descompresor para poder abri-los arquivos (WINRAR por exemplo).
Desfrutade pintando mandalas, pois como xa dixen nalgunha ocasión, son moi relaxantes, tanto para adult@s como para nen@s, e a poder ser facédeo cunha música relaxante de fondo, e con incienso ou algunha esencia de queimar, para que o ambiente sexa o ideal!!! Logo, coa vosa creatividade conseguiredes grandes obras de arte, e mesmo podedes facer unha exposición na vosa casa, e incluso para o día de Nadal podedes organizar unha actividade familiar consistente en decorar distintos mandalas e colocalos na árbore a modo de bólas... bueno, non vos dou máis ideas, simplemente pois deixo aquí este recurso para que o utilicedes cando queirades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario