Os caligramas son formas moi especiais de debuxar, utilizando como liñas as palabras, normalmente dunha poesía, sendo o debuxo parte central do texto.Aínda que normalmente se fan con poesías, tamén as poderíamos facer con adiviñas por exemplo.
Aquí amósovos algúns exemplos que atopei no buscador de imaxes de google, e que reflicten de que xeito tan gráfico se misturan as palabras e o debuxo.
Atrevédesvos vós a facer un caligrama? gustaríame recibir no correo as vosas creacións e logo publicalas aquí, quen se anima? Utilizade unha adiviña, unha poesía, unha canción... o que máis vos guste.
Por se non se vos ocorre nada, póñovos unhas adiviñas para que fagades os caligramas, vale? Espero as vosas respostas!!!
Sempre quietas,
sempre inquietas;
durmidas de día,
de noite despertas.
(SALERTSE SA)
Unha grande moeda dourada
que vale moito
e pola que non pagas nada.
(LOS O)
Estes son os que fixen eu, seguro que vos tedes algún máis bonito. A que esperades para mandarvos?
2 comentarios:
ola profe??Cando volves??votamoste de menos. Todos desexamos que che poñas boa pronto.
Paula.chao
ola!! estou a facer a rehabilitación para que a miña espalda, e sobre todo o pescozo, volten a estar coma antes. Co croque, debeuse de mover toda a espalda de enriba a abaixo, e aínda está bastante resentida.
En canto esté ben, non o dubidedes que volto coas miñas historias, e póñovos a andar a tod@s, jeje, familias e nen@s. Xa vedes que aínda sen estar no cole, adícolle algún tempo ó blog, para non sentir que estou desconectada do cole, e porque me encanta, así que... eu sigo a mandarvos ideas de cousas que podedes ou non facer. Encantaríame ter máis respostas e comentarios para saber quen está facendo cousiñas das que mando, ou alomenos,saber quen le os meus monólogos.
Moitas grazas por escribirme, espero que nos vexamos moi pronto. Dálle un bico a tódolo@s nen@s da miña parte. Grazas outra vez.
Publicar un comentario