PREMIO AGARIMOSO


Pois sí, sen saber moi ben de que se trataba... recibimos dous premios agarimosos, de parte doutras profes, ás que lles estamos moi agrecid@s.
Moitas grazas a:
Patricia http://laclasedelasluciernagas.blogspot.com
Soco http://samogapeques.blogspot.com/
E agora tócanos continuar:
As reglas a cumplir son as seguintes:
1- Facer link co blogue da persoa que cho otorgou
2- Escribir as reglas do mimo no teu bloque
3- Contar 6 cousas aleatorias sobre ti
4- Outorgarlle o mimo a 4 personas máis y enlazalos
5- Deixarlle un comentario ou aviso a quen llo outorgaras
6- Deixar os obsequiados saber cando publicaches o post.


Pois teño que contar 6 cousiñas sobre min:
Encántame o deporte.
Reláxame moito facer manualidades.
Son das que non tiran nada, gardo todo por si acaso... e logo reciclo.
Son unha aprendiz de profe-TIC, e tento facer o meu traballo o mellor que podo.
Son un pouco maníatica cá orde e a limpeza.
Gústame moito a cor lila, e ás veces xa me paso coa cantidade de cousas que teño desa cor.


E agora darei os meus mimos agarimosos a:
TATATACHANNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNN.........

= 1 mimo para Arteixo... a Jose Carlos, do blogue A NOSA CLASE, do que aprendin moitisimas cousas de novas tecnoloxias. Moitas grazas.
= 1 mimo para Pontedeume, para Ana e os seus pequeños no blogue COUSAS DA NOSA CLASE.
= 1 mimo para Raquel, de Laredo, de LA CLASE DE LUNA a quen coñecin en persoa en Santander, pero que xa nos leiamos nos nosos blogues, sen sabelo antes de coñecernos.
= 1 mimo para Belen, de CASADETOLOS, un experta profe TIC, que nos ensina miles de cousas no seu blog, nos seus cursos... nos mails.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Hola,son unha mama da clase de Xose Carlos de Arteixo.So queria decir que tes un blog moi "currado" e as "cousas para rir" estan xenial.
O igual que nos pasa a nós,seguro que os papas dos teus nenos estan encantados co tema do blog.E unha iniciativa xenial por parte vosa.Enhoraboa
Un saudo dende Arteixo.Elena

Anónimo dijo...

Graciñas guapaaaaaaaaaaaaaaaaaa!!!

Non se merece pero me encanta ;) ji ji

Bicoss

Anónimo dijo...

MUCHAS GRACIASSSSSS!!!!!!!!!!! desde la clase de Luna

Bea dijo...

Gracias a vós por lernos (Elena e demáis papás e mamás, deste e doutros coles)
E gracias a vós (Belén, Raquel...) por compartir tantas cousiñas na rede, grazas ás que novatas coma min imos aprendendo pouco a pouco.

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).