REALIZANDO OS NOSOS POUSAVASOS

Xa sabedes que no cole cada un ten o seu propio mantel, feito cun debuxo persoal, ó gusto de cada quen, e plastificado para poder ser limpo tra-las merendas... e algúns nen@s seguramente tamén o terán feito na casa, pois as cousas que fai un mesmo sempre teñen máis valor, ou non???
pois outra idea sería facer os pousavasos tamén facendo un debuxo, utilizando como plantilla para facer o círculo un CD ou DVD para calcular máis ou menos o espazo.
Pero tamén, se non queredes poñervos a debuxar, e queredes facer uns cantos para cando veñan os convidados e demáis, pois podedes imprimir algún exemplos que vos deixo aquí, e despois plastificalos. Cal vos gusta máis???

5 comentarios:

Belén dijo...

profe, estos son os posavasos de pascua non sin? jijijij

bicos guapa

Bea dijo...

Ola Belén!! pois ó ser de coellos sí que parecen de Pascua, aínda que eu en realidade os tiña no meu portátil dende hai tempo (a saber de onde os saquei!!) porque os utilicei para facer decoupage (nas miñas manualidades).

aurorayraquel dijo...

Ola Bea, somos os pitiños de A Coruña, a nosa profe chámase Aurora,e vemos que tes cousas moi interesantes no teu blog, tanto que te puxemos como enlace de interese no noso. nos estamos a empezar a facer un, e gustaríanos moito ter a túa opinión. A nosa dirección é: http://aclasedeuxia.bolgspot.com
por certo moitos bicos

Nai Von Cake dijo...

Hola Bea!!!!
Soy Naiara, una profe de infantil de un cole de Poio. Accedí a tu blog desde la clase de las Luciérnagas y me pareció muy interesante, tienes actividades muy motivadoras para los peques, y proporcionas un montón de recursos, por eso te enlacé en nuestro blog http://duendesjuguetones.blogspot.com así los que se pasen por él pueden animarse a visitar el tuyo también, que seguro que sacan muchas ideas.
Un saludo y enhorabuena por el blog

Piscis_10 dijo...

Pois, a verdade, non sabería elexir, gústanme todos!!!!
Quero aproveitar para recomendar o blog:
http://lengualuisvives6a.blogspot.com
Un saudo:
Natalia*

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).