O MEU NOVO BLOG DO CURSO 2009 - 2010

Cambio de escola, aínda que non de cole, e tamén de blog, o novo enderezo e:
http://cousasdepeques.blogspot.com

e... SÓ ME QUEDA DICIRVOS...


E...

AS NOSAS FOTOS!!!!!

Deixeivos un agasaio esta fin de semana no cole, uns DVD´s con tódalas fotos que vos sacara no primeiro trimestre, algunhas que vos sacarades entre vós (os nen@s) e tamén están as do Entroido que me enviachedes algunhas mamis ó meu correo electrónico.
Xa podedes escoller cales vos gustan máis, e como non, lembrar algunhas cousiñas vividas no cole ó comezo de curso.
Espero que vos gusten!!!!!!
Aquí vos deixo un resumo desas fotos en forma de presentacións:





MANUALIDADES E IDEAS PARA FACER...

Estiven buscando na rede webs nas que podades sacar ideas de cousiñas de manualidades para facer na casa, no cole...
Déixovos aquí algunhas, só tedes que picar na imaxe para ir á páxina.

UMMMMM... QUÉ RICO!!!

E sigo con cousas de cociña para nen@s que, como podedes supoñer, encántanme. Así que... aquí vos deixo dúas presentacións duns libros de cociña especiais para eles: os protagonistas de tódalas casas!!!!
Espero que vos gusten, e que collades moitísimas ideas para facelas con eles.


E DE PREMIOS VAI A COUSA!!

Hoxe, da man de Naiara e os seus "duendes juguetones" recibimos outro premio. Qué ben!!! Moitísimas grazas Naiara!!!

Esta mención ten as súas reglas que son:
1. Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro”.
2. Poñer o nome do blogue que cho deu.
3. Indicar os blogues que premias ti.
4. Avisar ós indicados.
5. Publicar as regras.
6. Comprobar que os blogs indicados sigan as regras.

E os meus blogues premiados son:
- Nieves: cuatro enredando (Asturias) os nosos amig@s postais!!!!
- Eva: del cole Argantonio
- Mi clase de infantil
- aula de infantil
- El rincón de los peques
- La lectoescritura
- La ballerina azul
- Dragones y canguros

CHEGOUNOS OUTRO PREMIO MOI FRESQUIÑO, O PREMIO LIMONADA!!!

Sí, sí, sí... isto vai ben, quere dicir que se nos le!!!
Da man de Aurora, e os seus pitiños (A Coruña) recibimos tan fresco premio LIMONADA, podedes visitalos na súa dirección, están comezando no mundo dos blogues, pero seguro que non se darán escapado facilmente!!!!
MOITÍSIMAS GRAZASSSSSSSSS!

Aquí van as normas deste premio:
1. Poñer o logo no post ou no blogue.
2. Nominar alomenos outros 5 bloguess que amosen gran actitide ou gratitude.
3. Asegurarse de enlazar ben ós nominados no post.
4. Facerlles saber que recibiron este premio mediante un comentario no seu blogue.
5. Esparcir o amor e non esquecerse de enlazar a quen che premiou.

E eu pásolles este PREMIO LIMONADA con moitísimo agarimo a:
Cristóbal: http://perso.wanadoo.es/cgomezmayorga/
Grupo de traballo Benclalu 2: http://benclalu2.blogspot.com
Raquel: http://nuestraclase.blogia.com/
Cris: http://infantilortigueiracris.blogspot.com/
Unha casa para Menta: http://unhacasaparamenta.blogspot.com/

REALIZANDO OS NOSOS POUSAVASOS

Xa sabedes que no cole cada un ten o seu propio mantel, feito cun debuxo persoal, ó gusto de cada quen, e plastificado para poder ser limpo tra-las merendas... e algúns nen@s seguramente tamén o terán feito na casa, pois as cousas que fai un mesmo sempre teñen máis valor, ou non???
pois outra idea sería facer os pousavasos tamén facendo un debuxo, utilizando como plantilla para facer o círculo un CD ou DVD para calcular máis ou menos o espazo.
Pero tamén, se non queredes poñervos a debuxar, e queredes facer uns cantos para cando veñan os convidados e demáis, pois podedes imprimir algún exemplos que vos deixo aquí, e despois plastificalos. Cal vos gusta máis???

PERSONAXES CON CULLERES DE MADEIRA?

Pois sí, líchedes ben! coas culleres de madeira podemos facer un montón de personaxes para xogar, facer teatro de títeres... e mesmo para decorar!!
Deixóvos algunhas imaxes sacadas para ver se vos inspiran algo, e vos poñedes mans á obra. Vale?
Se facedes algo xa sabedes, mandadenos ó correo ás fotos!!!

COA COMIDA NON SE XOGA, PERO... COCIÑAR É DIVERTIDO!!!


Seguro que son moitos os nen@s que cando están os adultos a cociñar queren colaborar, pero... o lume é perigoso, e os coitelos tamén!!!!
Aínda así, hai xeitos de deixarlles colaborar na cociña, sen que haxa perigo, axudándolles á hora de cortar as cousas, e sendo eles os que as coloquen, as misturen...
Ensínovos algúns exemplos de cousiñas que poderían facer os nen@s, e que seguro, lles parecerá moi, pero que moi divertido cociñar.

PREMIO AGARIMOSO


Pois sí, sen saber moi ben de que se trataba... recibimos dous premios agarimosos, de parte doutras profes, ás que lles estamos moi agrecid@s.
Moitas grazas a:
Patricia http://laclasedelasluciernagas.blogspot.com
Soco http://samogapeques.blogspot.com/
E agora tócanos continuar:
As reglas a cumplir son as seguintes:
1- Facer link co blogue da persoa que cho otorgou
2- Escribir as reglas do mimo no teu bloque
3- Contar 6 cousas aleatorias sobre ti
4- Outorgarlle o mimo a 4 personas máis y enlazalos
5- Deixarlle un comentario ou aviso a quen llo outorgaras
6- Deixar os obsequiados saber cando publicaches o post.


Pois teño que contar 6 cousiñas sobre min:
Encántame o deporte.
Reláxame moito facer manualidades.
Son das que non tiran nada, gardo todo por si acaso... e logo reciclo.
Son unha aprendiz de profe-TIC, e tento facer o meu traballo o mellor que podo.
Son un pouco maníatica cá orde e a limpeza.
Gústame moito a cor lila, e ás veces xa me paso coa cantidade de cousas que teño desa cor.


E agora darei os meus mimos agarimosos a:
TATATACHANNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNNN.........

= 1 mimo para Arteixo... a Jose Carlos, do blogue A NOSA CLASE, do que aprendin moitisimas cousas de novas tecnoloxias. Moitas grazas.
= 1 mimo para Pontedeume, para Ana e os seus pequeños no blogue COUSAS DA NOSA CLASE.
= 1 mimo para Raquel, de Laredo, de LA CLASE DE LUNA a quen coñecin en persoa en Santander, pero que xa nos leiamos nos nosos blogues, sen sabelo antes de coñecernos.
= 1 mimo para Belen, de CASADETOLOS, un experta profe TIC, que nos ensina miles de cousas no seu blog, nos seus cursos... nos mails.

PREPARANDO A PASCOA

Xa non queda nada!!! saímos dunha para metermos noutra: do Nadal, ó día da Paz, logo ó Entroido... e agora estamos a piques de recibir a primavera, e como non a Pascoa.
Deixóvos algúns enlaces a páxinas onde poderedes atopar información relativa á decoración de ovos de Pascoa, e outras cousiñas, vale??
Ide picando nas imaxes, e descubiredes as distintas páxinas e o seu contido. Espero que vos guste!!!!
DECORACIÓN DE OVOS DE PASCOA:
IDEA PARA FACER UN MÓBIL:
CAXETIÑAS:
E... aqui vos deixo tamen un monton de debuxos para imprimir, que fun recopilando da rede:

MOLDES PARA CAIXAS:

DEBUXOS DE OVOS DE PASCOA:
DEBUXOS DE COELLOS:

QUE TAL IMOS DE MATEMÁTICAS? E DE RAPIDEZ?

Atopei un xogo que seguro que vos gustará, sobre todo ós máis maiores, aínda que con axuda tamén os máis pequeniñ@s poderán xogar con el. Trátase de pinchar os globos que teñan o número correspondente ó resultado dunha suma. Por exemplo se pon 2+2= (teremos que pinchar o globo do número 4). Quen empeza??? Picade na imaxe, e... a xogarrrrrrrr!!!!


OS RATIÑ@S DE TABAGÓN VIAXAN EN AVIÓN!!!!

Preparad@s para o despegue? Aquí están as fotos da tripulación de "AEROLIÑAS TABAGÓN", unha modernísima nave na que poderedes viaxar a calquera parte do mundo cun combustible ben barato, a imaxinación!!!!!
Pero... está tripulación tivo moito que aprender para chegar ó seu posto, non? pois aquí hai algúns datos que seguro coñecerán, ou non?
E... quen quere xogar a facer formas con estas pezas de avións, e montar e desmontar o rectángulo formado? Pintádeo e recortade o rombo e os triángulos, para logo montar distintas formas. se xuntades dous triángulos poderedes formar un rombo!!!
E... quen quere facer un móbil chulísimo pintando este avión e os globos aerostáticos?

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).