Mostrando entradas con la etiqueta MATERIAL DESCARGAR. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MATERIAL DESCARGAR. Mostrar todas las entradas

QUEN DE RATIÑ@ SE QUEIRA DISFRAZAR... coido que isto pode precisar


E... se o que queres é os teus ollos ocultar, podes facelo con algún "antifaz", decorao ben bonito e logo verás que a todo o mundo lle vai gustar.


E para ver ben estas lentes probarás, e con papeis de cores maxia farás!!!! (ponlle a xeito de cristais uns papeis de celofán de distintas cores, e verás como a maxia das cores funcionará!!)

E... PARA ANIMAR UNHA FESTA...

Podemos recurrir a varias cousas, sobre todo xogos e bailes, pero... quen domina a arte da maquillaxe artística e a globoflexia? Son moitas as páxinas de internet, os libros ou as revistas que nos permiten atopar información, para ser capaces de animar unha festa (sexa ou non de Entroido, tamén pode ser un cumpreanos, unha festa do cole...) a través da utilización da maquillaxe e a globoflexia como ferramentas.
Quen sabe????? e o máis importante: Quen quere aprender????
Deixóvos uns enlaces para descargar (só tedes que picar sobre as imaxes):
GLOBOFLEXIA
MAQUILLAXE INFANTIL

E SAÍNDO DO NADAL... XA ESTAMOS NO ENTROIDO

Unha festa de tanta tradición en Galicia merece unha boa preparación, así que... imos darlle a benvida ó entroido, dende xa, e os nen@s poderán comezar a desfrutalo facendo as súas propias caretas ou antifaces. Para iso vos deixo un arquivo para descargar no filefront, só tedes que picar na imaxe das caretas, e iredes directamente ó enlace para poder descargalo.

CONTAR COA LINGUA

Propóñovos unha sinxela actividade que poderedes facer na casa e coa que traballaradedes tanto a lingua (vocabulario, letras...) coma a lóxica (números, conteo...).
Neste caso propoño un tema de moitísimo interese polos nen@s e que é o circo. Así, a partir do seu vocabulario temático pódense traballar moitísimas cousas:
Tipos de casas, vivendas, edificios: carpas, iglús, pisos...
Profesións: paiasos, , bailarinas, magos...
Os animais: leóns, focas, elefantes, tigres, cans... e centrar o estudo dos mesmos segundo as súas distintas características: polo seu hábitat, pola súa alimentación, polo seu nacemento, polo seu número de patas...
E un sinfín de cousas que a partires de aquí poderán xurdir!!!
Deíxovos tamén un puzle dun paiaso, porque xa sabedes o que me gusta que fagades cousiñas na casa. Espero que vos guste!!! cando o teñades pintado e recortado, xa sabedes, toca facelo e desfacelo unha e outra vez. E como non, emprestarllo ós demais para que proben a facelo (familiares, compañeir@s...).

COMO ANDADES DE MEMORIA?

Para sabelo o mellor que podedes facer é poñervos a proba, por exemplo cun xogo, o do "MEMORY", e neste caso, un especial de Nadal.
Só teredes que descargar o arquivo picando neste enlace, e imprimir as dúas follas nas que aparecen varias parellas de debuxos de Nadal. Podedes colorealas ou non, pero o que sí hai que facer é recortalas. Incluso podedes traballar o vacabulario e a lectoescrita poñéndolles os nomes debaixo de cada imaxe, etc.
COMO SE XOGA:
O xogo consiste en poñer todas as parellas de cartas que desexemos (segundo a idade dos nen@s e o grao de dificultade que queirades) boca abaixo e mesturadas. Logo, seguindo unha orde ides levantando dúas tarxetas cada xogador@, se son parella (iguais) gardádelas no voso peto e seguides levantando outra parella, se non son parella, volvedes a colocar esas tarxetas boca abaixo no mesmo lugar que estaban e pasaría a quenda ó seguinte xogador@.
Así ata que se rematen todas as tarxetas. Finalmente contaríades cantas parellas conseguiu cada xogador@.
VARIANTES:
- Podedes xogar tamén a buscar tarxetas que teñan unha mesma letra, por exemplo: poñer todas as tarxetas cara arriba e que un diga: buscamos cousas que teñan a letra M, e todos a coller as tarxetas que crean que teñen esa letra.
- Facer comparacións entre as imaxes: coller dúas tarxetas e preguntarlle ó compañeir@ en que se parecen, ou en que se diferencian...
- Inventar contos: crear contos colaborativos, escollendo algunhas tarxetas e tendo que metir dito vocabulario na historia...
Espero que vos guste!!!

PUZLES E MÁIS PUZLES...

Con algunhas imaxes que tiña no meu ordenador, e rescatadas de calquera das páxinas de colorear que teño enlazadas... fixen uns puzles fáciliños de 3, 4 ou 6 pezas. A quen lle gustaría colorealos, recortalos e xogar a facelos e desfacelos unha e outra vez? Aquí os tedes!!
Algúns parecen especiais para a nosa clase porque hai ratiños, non?

TENDO EN CONTA QUE CHEGAN AS VACACIÓNS...

Lula e Panchita non quererán pasar as vacacións soiñas no cole, e o que é máis importante, seguramente non aguantarían, pois necesitan de alguén que as coide: lles de a comida (aínda que xa sabemos que durante o inverno non comen case nada), lles cambien a auga...
A quen lle gustaría coidalas? Dicídello á profe María Jose para que vos de o venres a tartarugueira, a comida, e máis a botella da auga (na que hai que ter a auga alomenos 24 horas).
Xa sei que quedarán en boas mans, así que, sinxelamente coidádeas moito, vale?
Por certo, acabo de atopar un truquiño para debuxar tartarugas super fácil, animádesvos? Con axuda as cousas sempre son máis fáciles, así que, @s maiores a axudar ós peques!!!
E xa aproveitando, déixovos aquí un montón de debuxos de tartarugas, que poderedes decargar para utilizar como queirades: colorear, recortar, picar... picade sobre o debuxo da tartaruga para descargar o arquivo:

AS NOSAS PROPIAS POSTAIS DE NADAL

Se aínda non mandaches as túas postais de Nadal, agora podes facelo utilizando os nosos propios modelos do blog, hai 10 para elixir!!
Escolle as que máis che gusten, imprimeas, coloreaas e decoraas como queiras (con purpurina, pegando algodón, pegando anacos de distintos papeis e texturas...) e enviaas canto antes!!
Para decargar o arquivo só tedes que picar sobre a postal do boneco de neve.
E si queredes etiquetas para os agasaios, tamén podedes descargar algúns modelos picando sobre a imaxe do agasaio laranxa.

E si queredes decorar un PAPA NOEL grande para poñer na vosa casa, só tedes que descargar este arquivo onde hai catro pezas para montalo.

ABECEDARIOS DE NADAL e MANDALAS DE NADAL

Subín uns abecedarios de Nadal, para que os descarguedes, e sorprendades a quen vos desexedes cunhas bonitas postais, ou carteis... ou por que non? para que decoredes cada unha das letras que precisades para escribir o voso nome. En fin, para o que queirades, aquí vos deixo os enlaces, só teredes que picar nos debuxos das letras para poder descargar cada un dos abecedarios
Tamén vos deixo un enlace para descargar un montón de mandalas de Nadal que fun arquivando, de distintos sitios da rede, moitas das páxinas que teño enlazadas na parte dereita do blog.
Só tedes que picar na imaxe que aparece de exemplo, e descargar toda a carpeta (aparece comprimida, igual que os abecedarios, así que precisades un descompresor para poder abri-los arquivos (WINRAR por exemplo).
Desfrutade pintando mandalas, pois como xa dixen nalgunha ocasión, son moi relaxantes, tanto para adult@s como para nen@s, e a poder ser facédeo cunha música relaxante de fondo, e con incienso ou algunha esencia de queimar, para que o ambiente sexa o ideal!!! Logo, coa vosa creatividade conseguiredes grandes obras de arte, e mesmo podedes facer unha exposición na vosa casa, e incluso para o día de Nadal podedes organizar unha actividade familiar consistente en decorar distintos mandalas e colocalos na árbore a modo de bólas... bueno, non vos dou máis ideas, simplemente pois deixo aquí este recurso para que o utilicedes cando queirades.

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).