Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANIMACIÓN Á LECTURA. Mostrar todas las entradas

DEBUXAR CON PALABRAS = CALIGRAMAS

Os caligramas son formas moi especiais de debuxar, utilizando como liñas as palabras, normalmente dunha poesía, sendo o debuxo parte central do texto.
Aínda que normalmente se fan con poesías, tamén as poderíamos facer con adiviñas por exemplo.
Aquí amósovos algúns exemplos que atopei no buscador de imaxes de google, e que reflicten de que xeito tan gráfico se misturan as palabras e o debuxo.
Atrevédesvos vós a facer un caligrama? gustaríame recibir no correo as vosas creacións e logo publicalas aquí, quen se anima? Utilizade unha adiviña, unha poesía, unha canción... o que máis vos guste.

Por se non se vos ocorre nada, póñovos unhas adiviñas para que fagades os caligramas, vale? Espero as vosas respostas!!!

Sempre quietas,
sempre inquietas;
durmidas de día,
de noite despertas.

(SALERTSE SA)

Unha grande moeda dourada
que vale moito
e pola que non pagas nada.

(LOS O)

Estes son os que fixen eu, seguro que vos tedes algún máis bonito. A que esperades para mandarvos?

APRENDER A ATAR OS CORDÓNS DOS ZAPATOS

Xa é hora de que @s máis maiores ratiñ@s da escola de Tabagón comecen a atar os seus cordóns, ou que polo menos, comecen a intentalo, non credes?
Atopei un conto na rede que é perfecto para este tema, e que amosa como hai que intentar facer as cousas antes de dicir que non sabemos facelas, logo, tras intentalo varias veces, seguro que o conseguimos.
Outro libro moi apropiado é este:
Para saber máis datos sobre o mesmo, picar aquí.
Ademais deixovos aquí unhas plantillas para que as imprimades en cartolina, ou as calquedes en cartón, ou mesmo as imprimades en folio (e a ser posible as plastifiquedes ou forredes para que duren máis e se manteñan duras)... e así @s nen@s poderán practicar un pouquiño na casa, con cordóns vellos que seguro teredes por ahí.
Tamén se poden utilizar pequenas poesías ou retahílas, como por exemplo:
" LAZO GRANDE, LAZO MIÚDO, CRUZAS OS DOUS E XA TES UN NUDO"
(Esta é unha versión traducida tal cal para que rime, senón sería nó e non nudo). Esta sóame de escoitala nunha película, aínda que non me lembro de cal.

Seguro que hai un montón de formas de facer máis fácil esta aprendizaxe que logo se fará tan cotiá, así que se alguén sabe outra forma que no-la faga saber a través dos comentarios ou do noso correo de aula, e as poñemos aquí. Grazas por colaborar!!!

A IMPORTANCIA DE RECOÑECER O NOSO NOME

É tanta, que se non estamos atent@s nos podemos levar equivocada unha cousa que non é nosa para a casa, por exemplo!!! Pero... ademais así temos máis poder sobre as nosas propiedades pois as recoñecemos como tales, e non como cousas.
Así, os de 3 anos (e o resto tamén, claro) xa recoñecen o seu nome porque o ven escrito no panel dos encargad@s, nas mesas... pero ademais teñen que realizar tarefas que lles esixen estar atent@s para recoñecer as súas pertenzas, por exemplo: coller o seu carné da biblioteca, e poñelo na súa carpeta, para poder levar o conto á casa a fin de semana.
Mirade como Diego despois de coller o seu carné da biblioteca, entre todos, está a rebuscar nas carpetas ata que atopa a súa.
E por suposto que sabe cales son as súas cousas, porque "sabe ler" o seu nome.
Moi ben!!!!!!

AS CARTAS DE HORACIO...

Hoxe apareceu na caixa máxica un conto moi bonito, o de "Las cartas de Horacio y su bruja estrafalaria" que falaba dun gato que tiña que ser a mascota dunha meiga durante sete anos, pero... pero era unha meiga que non quería ser meiga, senón princesa... así que Horacio recurría ós consellos do seu tío Serafín para que lle dese ideas sobre conxuros para convertila nunha meiga de verdade, e facíao a través de cartas.
Agora seremos nós os que a través de cartas postais nos escribiremos con outros nenos e nenas de distintos coles, xa veredes cantos amigos facemos!!!

Tamén, despois, a medida que íamos rematando os nosos traballos, íamos ó EDI e creábamos ás nosas propias meigas e meigos, e tamén lles inventamos nomes, mascotas (gatos basicamente).

A QUE ANDAMOS?

Non é que poña a data porque hoxe sexa un día especial, nin nada diso, senón que hoxe comezamos unha nova actividade nas rutinas, que é poñe-la data con letras e números, labor do encargado ou encargada do día, en colaboración cos compañeir@s que lle axudan en todo momento que o precise.
Estes días andamos a facer cousas moi cotiás: coma coser (cando se vos caía un botón, non vos preocupedes, temos uns aprendices de xastres boísim@s!!!).

E tamén estamos a xogar, ler e escribir con pinzas, queredes velo?



ONDE VIVEN OS MONSTROS?

Aquí vos deixo un conto que seguro vos vai a interesar, sobre todo porque estamos nunha semana de falar de cabazas, fantasmas, meigas... e monstros!!!!!!

XA TEMOS CARNÉ DE BIBLIOTECA

Hoxe levamos para a casa, como cada venres, a carpeta do préstamo de biblioteca, e un pouco tarde (pero "nunca es tarde si la dicha es buena") vai con manual de instruccións.
Así non quedarán as carpetas toda a semana na casa, en lugar de vir de volta o luns, nin virán os folios de cores igual que foron porque xa saberedes para que son.
Ademais fixen unha nova ficha para os nenos e nenas de 4 e 5 anos, para ir escribindo datos sobre o conto, e facer o debuxo correspondente.
Hoxe aproveitamos tamén para facer o noso CARNÉ de biblioteca, que vai pegado con velcro na portada da carpeta, pois para poder levar o conto á casa, precísase ter un carné, pero deberá vir o luns pegado no mesmo sitio, posto que o precisaremos para poder ler contos na nosa biblioteca.
Xa vos ensinaremos como os utilizaremos na clase.
E tende en conta que os nosos carnés son especiais como cada un de nós, pois levan as nosas pegadas, e xa sabedes que ninguén a ten igual que a nosa.

SABEDES ALGÚN CONTO?

Seguro que moitísimos, pero... os inventáchedes vós????
Quen queira pode inventar contos, porque para iso só precisamos ter imaxinación ( e é unha das poucas cousas que temos todos(en maior ou menos medida), e non custa cartos).
Se vos animades a inventar contos: sós, acompañados, en familia, con amigos/as... podedes envialos a esta páxina, e nela volos publicarán, e así poderedes amosarlle a vosa imaxinación, a todo o mundo. Non vos gustaría ver o voso conto publicado en internet? e que se fixese famoso!!!
Veña participade, e lembrade que non poden ser anónimos, tendes que dicir quen sodes.

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).