
Propóñovos unha sinxela actividade que poderedes facer na casa e coa que traballaradedes tanto a lingua (vocabulario, letras...) coma a lóxica (números, conteo...).

Neste caso propoño un tema de moitísimo interese polos nen@s e que é o circo. Así, a partir do seu vocabulario temático pódense traballar moitísimas cousas:
Tipos de casas, vivendas, edificios: carpas, iglús, pisos...
Profesións: paiasos, , bailarinas, magos...
Os animais: leóns, focas, elefantes, tigres, cans... e centrar o estudo dos mesmos segundo as súas distintas características: polo seu hábitat, pola súa alimentación, polo seu nacemento, polo seu número de patas...
E un sinfín de cousas que a partires de aquí poderán xurdir!!!
Deíxovos tamén un puzle dun paiaso, porque xa sabedes o que me gusta que fagades cousiñas na casa.

Espero que vos guste!!! cando o teñades pintado e recortado, xa sabedes, toca facelo e desfacelo unha e outra vez. E como non, emprestarllo ós demais para que proben a facelo (familiares, compañeir@s...).
No hay comentarios:
Publicar un comentario