
Lula e
Panchita non quererán pasar as vacacións soiñas no cole, e o que é máis importante, seguramente non aguantarían, pois necesitan de alguén que as coide: lles de a comida (aínda que xa sabemos que durante o inverno non comen case nada), lles cambien a auga...
A quen lle gustaría coidalas? Dicídello á profe María Jose para que vos de o venres a tartarugueira, a comida, e máis a botella da auga (na que hai que ter a auga alomenos 24 horas).
Xa sei que quedarán en boas mans, así que, sinxelamente coidádeas moito, vale?
Por certo, acabo de atopar un truquiño para debuxar tartarugas super fácil, animádesvos? Con axuda as cousas sempre son máis fáciles, así que, @s maiores a axudar ós peques!!!

E xa aproveitando, déixovos aquí un montón de debuxos de tartarugas, que poderedes decargar para utilizar como queirades: colorear, recortar, picar... picade sobre o debuxo da tartaruga para descargar o arquivo:
3 comentarios:
Ahhh!!!
Pois non sei se as levaría alguén!!!!Preguntareille a Paula cando chege a casa...
Por certo, sacamos fotos o venres cando viñeron os reis magos, xa tas manderei.
Bo nadal!!!!
Moi ben, pois cando podas mándamas ó correo. Graciñas!!
e... Bo Nadal!!
Publicar un comentario