
Só teredes que descargar o arquivo picando neste enlace, e imprimir as dúas follas nas que aparecen varias parellas de debuxos de Nadal. Podedes colorealas ou non, pero o que sí hai que facer é recortalas. Incluso podedes traballar o vacabulario e a lectoescrita poñéndolles os nomes debaixo de cada imaxe, etc.
COMO SE XOGA:
O xogo consiste en poñer todas as parellas de cartas que desexemos (segundo a idade dos nen@s e o grao de dificultade que queirades) boca abaixo e mesturadas. Logo, seguindo unha orde ides levantando dúas tarxetas cada xogador@, se son parella (iguais) gardádelas no voso peto e seguides levantando outra parella, se non son parella, volvedes a colocar esas tarxetas boca abaixo no mesmo lugar que estaban e pasaría a quenda ó seguinte xogador@.
Así ata que se rematen todas as tarxetas. Finalmente contaríades cantas parellas conseguiu cada xogador@.
VARIANTES:
- Podedes xogar tamén a buscar tarxetas que teñan unha mesma letra, por exemplo: poñer todas as tarxetas cara arriba e que un diga: buscamos cousas que teñan a letra M, e todos a coller as tarxetas que crean que teñen esa letra.
- Facer comparacións entre as imaxes: coller dúas tarxetas e preguntarlle ó compañeir@ en que se parecen, ou en que se diferencian...
- Inventar contos: crear contos colaborativos, escollendo algunhas tarxetas e tendo que metir dito vocabulario na historia...
Espero que vos guste!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario