XOGAR SEN PELEXAR
COIDAR E RECOLLER OS XOGUETES
NON BERRAR
CAMIÑAR A MODIÑO POLA CLASE, SEN CORRER
RESPETAR A QUENDA DE PALABRA
...
Agora, que pouco a pouco as imos lembrando... destinaremos unha parte da clase a algo que vai ben relacionado coas normas da clase, pero que se refiren á nosa relación co mundo exterior en xeral. A esta parte lle chamaremos EDUCACIÓN EMOCIONAL, e a imos traballar pouquiño a pouco para aprender a desenvolvernos no noso medio, que cada vez se fará máis grande, axeitadamente.
O outro día, víchedes que traballamos "as grazas" e "o por favor" cun conto e un xogo, e o certo é que si nos está a funcionar dentro da aula, e tendes que esixirnos que fóra dela tamén.
Hoxe o que fixemos foi traballar coas emocións. Sabemos que non sempre estamos ledos, nin tristes, nin asustados, nin enfadados... e hai algunhas cousas que nos fan pasar dun estado emocional a outra, sobre todo (en canto ó cole) os enfados que temos cando queremos dous nenos ou nenas o mesmo xoguete, cando nos enfadamos porque alguén non quere xogar ó xogo que dicimos nós... e tamén cando alguén nos fai dano, ou nos asustamos por algo.
Iso o traballaremos a diario intentando que pouco a pouco nos demos conta desas pequenas cousiñas que agora nos preocupan tanto, e que pronto aprenderemos a solucionar (pelexarse por un obxecto...).
Ademais no cole temos un panel no que cada día na asamblea teremos que poñer a nosa foto no estado de ánimo correspondentee si en algún momento da mañá cambiamos de estado, teremos que cambiar a foto e explicar por qué, e entre todos iremos buscando solucións.
TRISTEZA
ENFADO
SUSTO
Un exemplo que sucedeu hoxe foi que: Ángela e Paula se enfadaron porque as dúas querían o mesmo caldeiro, unha dicía que ela o tiña primeiro, e a outra que non que o tiña ela e o quería para ela. Solución a este problema: HAI QUE COMPARTIR!!!!! Pero... como compartimos un caldeiro? Pois agarrando unha por un lado e outra polo outro, e xogando xuntas. Non foi nada difícil solucionalo!!!
Non parece que estén enfadadas verdade? Pois eu aínda teño "nas orellas" os berros e os choros de 10 segundos antes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario