AS PALABRAS MÁXICAS "GRAZAS" E "POR FAVOR"

Hoxe traballamos un pouquiño as habilidades sociais, e os bos modales de dar as grazas e pedir as cousas por favor.
Para iso conteilles un conto, o da Fada Mandalina (unha amiga dos trasnos do noso cole) e Amador, un neno que sempre contestaba mal, e facía as cousas de malos xeitos, sen pensar nos demais.
Nunca pedía as cousas por favor nin daba as grazas por nada, entón un día, cansados del, as árbores se afastaron, as flores tamén, o sol deixou de quentalo, un banco no que ía sentarse botouse para atrás... e así tódalas cousas que estaban preto del . El estaba enfadado pero non sabía por que lle facían iso, así que apareceu a fada Mandalina e lle explicou que as súas formas non eran as correctas, por iso todos se afastaban, e lle recorsou que " COAS PALABRAS MÁXICAS GRAZAS E POR FAVOR, O MUNDO IRÍA MOITÍSIMO MELLOR".

Despois de contar este conto, fixemos unha práctica, así que todos un por un lle tiñan que pedir algo por favor a un compañeiro ou compañeira, e logo darlle as grazas. Por exemplo, eu chamaba a Joel e el se poñía de pé, e lle pedía a Paula que lle trouxese por favor un rotulador verde, ela traíallo e el dáballe as grazas e sentaba outra vez; logo Paula que estaba de pé lle pedía algo por favor a outro neno/a e así todos. A verdade é que a actividade resultou moi ben, e toda a mañá estiveron pendentes de que a ninguén se lle olvidasen as palabras máxicas.

Respecto a este tema acabo de atopar unha páxina que trae moitos contos para traballar valores, así que deixóvola aquí para que a consultedes, e tamén a poño nos enlaces a contos, da parte dereita da páxina.

Un dos contos que trae a páxina sobre o mesmo tema que traballamos hoxe, e o conto da "Arbore Máxica", e a podedes escoitar, así que... non fai falla saber ler para coñecer a historia.
Orellas ben abertas e pico pechado!!!

No hay comentarios:

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).