
Esta
tradición tan antiga de orixe celta, estase a recuperar dende hai algúns anos, en distintas zonas de Galicia, e por que non colaborar nós para que tamén se recupere aquí? Pois para iso, esta fin de semana, vos propoñemos unhas actividades en familia: decorar as vosas cabazas (que as teremos expostas no cole), e recuperar e enviarnos escritas receitas de cociña que teñan como ingrediente a cabaza. Con elas faremos un recetario para a aula, e logo... escolleremos algunha receita e a realizaremos no cole.
Ummmm... sa se nos fai a boca auga, verdade?
Logo este recetario se convertirá nun Libro Viaxeiro que irá polas vosas casas para que podades ver tódalas receitas que conseguimos.
Por si alguén non ten moi claro como facer a actividade de decoración das cabazas... aquí vos deixo unha
páxina onde ven explicado todo moi sinxeliño.
3 comentarios:
Esta páxina tamén ten unhas cabazas moi ben debuxadas,,,
votádelle un vistazo
http://www.tagyerit.com/pumpkin_painting.htm
Moitas grazas Elena, así me gusta, que pouco a pouco vaiades entrando a formar parte do blog.
que pena que aínda non teñamos internet no cole para poder vela... pero eu imprimirei cousiñas.
Grazas!!!!
Moitas grazas Elena, así me gusta, que pouco a pouco vaiades entrando a formar parte do blog.
que pena que aínda non teñamos internet no cole para poder vela... pero eu imprimirei cousiñas.
Grazas!!!!
Publicar un comentario