
Queremos pedirvos axuda a todos e todas os que ledes o noso blog, xa que estamos a comezar un proxecto de investigación sobre
OS MONOS, e ainda que temos un montón de material (contos, pelis, información de internet...) seguramente coa vosa axuda poderemos chegar a páxinas web interesantes, ou ver fotos de monos que non vimos... en fin, que toda a axuda nos serve.
Para iso, tedes o noso correo da clase, e a esa dirección nos podedes mandar todo aquilo que creades que nos pode servir.
clasedebea@hotmail.com
Por favor, no correo que nos enviedes presentádevos para saber quen sodes... moitísimas grazas de antemán!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario