Hoxe celebramos o cumple de Paula, por iso, volven as merendas para a casa na mochila, pois comemos ata case reventar!!! algúns tiñan na boca un trozo de rosca, na man o vaso de zume, o coa outra xa estaban collendo patacas fritas, non fose que sairan voando!!!!!

Cantámoslle o cumpreanos feliz, e agochámonos para que pensase que non estabamos e darlle unha sorpresa, logo tamén lle dimos uns debuxos cos que fixemos un libro...
pintamos as caras...

xogamos con globos (que por certo, non quedou nin un, estouparon todos en menos que canta un galo!), comimos, sacamos fotos, bailamos, xogamos... e cando xa nos íamos, Paula aínda nos deu de agasaio uns oviños de chocolate.
En definitiva, coma en tódalas festas, procuramos pasalo xenial!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario