Pero... aínda que somos nenos e nenas de tres idades distintas, valémonos diso para aprender moitísimas cousas, así: os pequen@s aprendemos moito dos máis maiores, e os maiores axudamos ós pequen@s. E entre todos, APRENDEMOS A APRENDER!!!!
Moitas veces o día escoito a frase NON SABO... e seguro que vós tamén, e claro, o primeiro que nos xurde ó escoitar iso, é gracia!!! e aínda pensamos, pero por que os nen@s dirán sempre non sabo, ou profe xa acabín? E non é nin simplemente algo gracioso, nin quere dicir que o nen@ non saiba falar, senón todo o contrario. Isto quere dicir que está nunha fase (xeralmente ós tres anos) de adquisición da linguaxe, na que adoita a convertir todas as formas verbais en regulares, aínda que non o sexan (algo ben normal, non? como van a saber os nen@s de infantil cales son os verbos regulares e os irregulares?
Así por exemplo:
-si se di... fago (por que non se vai a dicir sabo?
- e si se di... escribín (por que non se vai a dicir acabín?)
(Con algunhas nais xa falei disto, pois vós parecía algo preocupante, pero realmente non o é, só temos que interactuar co nen@ dicíndolle a palabra correctamente, pero sen dicirlle que o que di está mal, pois realmente ten bastante lóxica, ou non?) E ademais se non, o cortamos a falar!!!
Pero o conto de todo isto era dicirvos que os nen@s saben moito máis do que tod@s cremos, pero moitas veces somos os adultos os que limitamos as súas aprendizaxes, e o que temos que facer e empurralas cara a consecución da automía do nen@.
Así, e voltando á frase NON SABO... son moitos os que conseguen que lles poñan o mandilón os adultos, ou que á hora de escribir ou debuxar algo, lle axudedes... e realmente, confiando nas súas posibilidades, e tendo en conta que son responsabilidades deles... terán que facelo solos e ó seu ritmo, pero aprendendo a facelo!!!!
Así que, por favor... non limitedes as súas capacidades que son moitas, e aplaudide os pequenos pasos que se van dando!!! Moitas grazas de parte dos nen@s!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario