

O venres fixemos a técnica do esgrafiado, pintando unha cartulina cunha chea de colores ata que non se vise nada de nada.

Logo íamos tapalos todos con cera branda negra, pero... quixemos experimentar, e o tapamos con témpera negra.

Posteriormente (cando seque a pintura) remataremos os nosos debuxos máxicos , facendo un debuxo con escarvadentes sobre a pintura e negra, e...que pasará? xa o veredes, será arte de maxia!!!
De momento ímosvos ensinar un experimento que fixemos:
- Primeiro pintade con ceras brandas de moitas cores unha cartolina.
- Logo pintade con cera branca sobre todas as cores anteriores.

- Que pasou? que as cores se foron misturando e aparecen novas cores, máis claras, difuminadas.
- E si logo lle botamos por riba témpera... isto é o que ocorre. A que é chulo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario