Tamén sabemos que hai números na cinta métrica (que moitos pensaban que era para "pesar") así que... probamos para que servía, e utilizamos unha que tiñamos no cole, e que tiña os números ata 150, así que contamos ata esa cantidade todos xuntos e eu ía poñendo a man en cada número, e así, víamos canto nos faltaba máis ou menos para rematar.
E logo aproveitamos a medirnos e plasmar as medidas, vendo os números correspondentes, e a existencia de nen@s con igual número na altura, outros máis, menos... facendo comparacións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario