A medida que ían rematando fixeron unha careta, e tamén ían decorando unha cabaza xigante no EDI, utilizando para iso a páxina recomendada noutro post anteriormente.
Na festa degustamos uns postres deliciosos, pero... tiñamos tantos, que... casi nos empachamos, e ó final, aínda sobraron algúns, que seguramente comerán os trasnos nesta longa fin de semana (jejeje).
E despois... con estes postres deliciosos e máxicos... convertémonos en MOSTROS!!!!! Aínda que, como a algúns non lles facía moita gracia verse coma monstros feos, nós convertimos en montros guapos. Que opinades vós?
3 comentarios:
Pero que monstros máis guap@sssssss
pasachedelo en grande eh! que envexa!
moitos bicos
Sí!!! e por pouco me pinto tamén eu, jeje. A ver quen me ía coñecer!!!!
Facía días que non vía o blog e quedei abraiado a cantidade de cousas que facedes.Como me gustaría probar esas galletas de cabaza , tiñan que estar boisimas. Tamén acabo de ver a páxina para decorar a cabaza coa PDI , que magoa non vela antes , de todolos xeitos probarémola mañán. Ainda que xa pasara o Samain estou seguro que lles ha gustar os nenos da miña clase
Publicar un comentario