
Sí, hoxe viñeron uns fotógrafos a facernos unha reportaxe de grupo, e tra-la súa visita, surxiu a posibilidade de que nós tamén podemos sacar fotos coa cámara dixital, así que... fixemos unha pequena proba, bueno, realmente me fixeron un BOOK!!! pero non é plan ensinarvos as fotos (nas que son eu a que teño o gorro vaqueiro) así que facédevos á idea, jeje.
O caso é que lles dixen a varios que sacaran fotos (para comprobar se sabían facelas) e visto o pedazo de BOOK que fixeron, quedoume ben claro que son todos uns profesionais, así que... cada día haberá un fotógraf@ encargad@, e estará marcado no panel dos encargad@s, por orde, tal como estamos facendo co resto de responsables.
Así que, a partir de agora, moitas das fotos que vexades no blog serán feitas polos nen@s!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario