Pois esta semana comezamos a utilizar os nosos colares-carnets para xogar nos recunchos. Así, en cada recuncho hai un ou dous carnets, dependendo de cal sexa (pois por exemplo no EDI ou no Ordenador so hai un), e cando rematamos os nosos traballos sobre papel, ou as nosas pesquisas, podemos escoller a onde ir.
De momento, cada un elixe libremente a onde ir, sempre e cando esté libre (é dicir, que haxa algún colar, pois se non hai ningún quere dicir que xa está o número máximo de nen@s xogando nese recuncho), e así nos imos acostumando a usalos, a mirar ben se podemos ou non, e a xogar nel, recollendo o material (como xa facíamos antes).
Para a semana, xa haberá un panel no que se irá marcando quen vai a cada recuncho cada día, e así non nos repetiremos, pois hai quen non sairía da perruquería e os disfraces, e que non sae das construccións, e así equilibramos un pouco as actividades.
En plástica estamos a facer cinco bonecos de neve, pero non 5 calquera, eh!!! con sombreiro, ollos, nariz, boca... e coa nosa man!!!
Tamén estamos a preparar máis oveiras, para facer un montón de xogos matemáticos!!!
Escribimos no ordenador o vocabulario que estamos a traballar no cole, e de paso... practicamos o recoñecemento das letras, a experimentación coas novas tecnoloxías...e un pouco de todo!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario