Hoxe o moucho fíxonos un xogo, no que primeiramente só xogou Joel (pois era o encargado), logo tamén Paula (que foi a encargada onte)... e logo todos os demais.
O caso é que o moucho nos quería gastar unha broma e nos deixou unha caixa, que aparentemente non tiña nada (pois tiña dobre fondo), pero... cando a abrimos ben... había unha ARAÑAAAAA PELUDAAAAAAAA!!
Pero, só foi unha broma do moucho, e como todos os nenos e nenas do cole son moi valentes, e non lle teñen medo ás arañas... nós tamén fixemos as nosas propias ARAÑAS!!!
Queredes velas?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
COUSAS PARA RIR:
Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián: están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!
Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel: remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián: Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).

1 comentario:
Muy boas ideas tes para os rapaces. Agora tes que conseguir involucrar mais os rapaces coa bitácora. Podedes decirlles que fagan unha especie de diario no que conten as anécdotas do día, así, o final da semana, facedes unha votación para elexir a mellor e colgala.
Pero e só unha idea.
Un saudo e unha perta.
jejeje cheguén acá dende o concurso dos 20m... o final serve para descubrir pequenas xoias. Agrégoche para ir vendo os vosos cambios.
Saudos dende un blogue de ficción sito na Coruña, e que se afunde lentamente entre contos de medo.
Publicar un comentario