Sí, líchedes ben, na clase ademais de ter cada día un encargad@ que ten unhas tarefas de moita importancia no día a día aula como: poñer a data no calendario e os datos referidos ós fenómenos atmosféricos dese día, pasar lista comprobando se estamos todos ou falta alguén, regar as plantas e darlle a comida ás nosas mascotas (as tartarugas Lula e Panchita), repartir o material... e outras cousas que van surxindo... ademais convirtése en axudante de policía, xa que eu son Inspectora de Policia (e como teño tanto traballo, delego nos demais) e debe axudarme a poñer as multas necesarias (sempre e cando haxa algunha persoa na "cidade dos trasnos" que non respete as normas).
E chámolle a cidade dos trasnos porque, por se non vo-lo dixeron, na biblioteca da nosa clase vive dende principio de curso Trasni (un trasno moi, moi pequeniño, tanto que para nós é invisible), e tamén un Moucho Vixía, chámase o moucho Leroucho, e fala comigo en moitas ocasións para avisarme de si algún neno ou nena se portou mal mentres eu non estaba (en inglés, en educación física...) ou para dicirme que os avise de que están facendo moito ruido...e cousas así, e onte, díxome que viñeran á nosa clase cinco trasnos máis, e que para que non se asusten e se vaian do cole, pois temos que falar na linguaxe dos trasnos, é dicir moi baixiño.
E así, coa axuda destes encargad@s-axudantes de policias, e o cumprimento das nosas normas, conseguiremos que os trasnos se queden con nós, e nos den moitas sorpresas, xa o veredes!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario