Grazas a que as familias colaboraron moitísimo traendo material para o noso recuncho de insvestigar, temos un montón de información sobre o tema: sacada de internet, libros, contos, películas, xogos para o ordenador... así que agora tócanos a nós poñer en orde toda esa información, e aprender moitísimas cousas sobre o tema.
- Que poden chegar a medir 1´70m. (o que comprobamos medindo cunha lá esa cantidade e logo a pegamos no marco da porta para saber o grande que sería, e dende logo, un chimpancé desa altura sería máis alto que calquera dos que estamos na clase!!!)
- Que se ríen se están contentos, ou se arrugan a cara cando están tristes.
- Que cando son pequenos chupan o dedo (coma os bebés)
-... e moitas cousas máis, que xa veredes máis adiante.
E tamén, como non, fixemos un cine (na entrada cole porque está máis escuro) e vimos unha das películas de chimpancés que temos no recuncho de investigar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario