No encerado dixital pódense facer moitísima cousas, pero coma nós aínda o estamos coñecendo de momento facemos debuxos, para practicar o trazo cos lapis e os dedos, e mailo borrador, así coma as distintas posibilidades de utilización de cores, sombreados...
E hoxe o que fixemos foi utiliza-la gravadora do EDI para ver como facemos os nosos debuxos. Temos uns cuantos, pero como os arquivos "pesan moitísimo" asi que, de momento só vos podemos deixar esta pequena mostra para que vexades. Picade no PLAY e listo.
DEBUXO DE CELIA
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
COUSAS PARA RIR:
Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián: están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!
Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel: remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián: Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).

No hay comentarios:
Publicar un comentario