Son moitas as desculpas que podemos utilizar para que os nenos/as aprendar a contar: pasar lista sabendo cantos estamos no cole e cantos non viñeron, contar o número de letras que teñen os nosos nomes, ou o número de sílabas (facendo o ritmo con palmadas por exemplo), contando os días que faltan no calendario para que sexa domingo ou unha festa... e tamén podemos contar cousas de todo tipo a modo de xogo (fichas, botóns, lentellas, alubias...)
Hoxe utilizamos alubias para xogar cuns mini taboleiros de xogo, nos que simplemente había números dentro duns espazos, e nos que tiñan que poñer tantas alubias como mandaba o número. Todos os tableiros eran distintos, asi que unha vez que completaban un polas dúas caras, podían coller outro, cada vez máis dificil.

Veredes que o longo do curso imos a traballar a lectoescrita e a lóxica matemática con materiais moi cotiás, por iso vos pediremos colaboración en conseguir algúns deles, de momento:
PRECISAMOS TRAER OVEIRAS (de 6 e 12 ovos, con tapa de cartón), cando as teñades ídeas traendo ó cole que as utilizaremos para moi distintas cousas como veredes.
e tamén
PRECISAMOS TRAER VASOS DE IOGURES (tanto bebibles coma dos outros).
1 comentario:
Encántame entrar para ver como tentades que o acto de ensinar non sexa só un traballo e sí unha forma de diversión....
Noraboa
Publicar un comentario