RELAXÁMONOS Y APRENDEMOS CON MANDALAS

Hoxe comezamos cunha actividade, que seguramente repitamos unha chea de veces, pois é moi interesante. Trátase de traballar con mandalas, palabra que provén do sánscrito e que significa círculo.
Trátase de debuxar, ou no noso caso colorear, uns debuxos que teñen un marco circular o cal nos fai prestar atención ó centro do debuxo, polo que é unha actividade moi acertada para tratar determinados problemas de atención que se poden dar en casos puntuais, ó tempo que son actividades moi axeitadas para relaxarse.
Os mandalas son pintados tanto por adultos coma por nenos, habendo distintas técnicas de coloreado (de dentro para fóra, de fóra para dentro...) e distintos tipos de mandalas segundo o grado de dificultade.
Existen distintos estudos sobre a importancia de traballar con mandalas como ferrramenta educativa e psicoterapeuta, polo que sería bó que cada un de nós os utilizasemos neses momentos nos que por algunha razón estamos alterad@s e precisamos relaxarnos, así como para aumentar a nosa creatividade, dado que a utilización libre das distintas cores produce que un mesmo mandala pintado por distintas persoas, sexa completamente diferente.
Nós con eles de momento traballamos as cores, as formas... pero sobre todo NOS RELAXAMOS!!! E para iso só tivemos que utilizar un mandala moi sinxelo dun caracol, pouco a pouco iremos facendo mandalas máis avanzados, que esixirán pola nosa parte moita máis atención e traballo coidadoso.
Probade vós tamén.

En internet podedes atopar numerosos mandalas, algúns exemplos están aquí: 1, 2, 3, 4, 5.

No hay comentarios:

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).