e... PARA CONCENTRARSE E RELAXARSE

Hoxe comezamos a traballar sobre os nosos propios libros de mandalas. Lembradesvos de que fixeramos un mandala dun caracol? Pois esa convertiuse na súa portada, e agora dentro do libro hai un montón de mandalas (variando a cantidade en función da idade).
Na contraportada tamén se incluen unhas pequenas ideas de como se realiza o traballo con este tipo de material, e seguramente algunha vez o levarán para a casa para traballalo con vós.
Aínda que a simple vista parece que se trata simplemente de colorear, hai estudios que amosan as súas vantaxas e posibilidades cara á mellora da creatividade (tanto en nen@s coma en adult@s) e tamén é un traballo que lles axuda a concentrarse, a relaxarse... polo que, de cando en vez non ben nada mal.
Que vos parece?

2 comentarios:

Nieves dijo...

Chicos , chicos hola ¡¡¡¡¡ soy Nieves, la profe de Oviedo, sabeis que a mis niños les encanta pintar mandalas???????, a mí también me gusta mucho y me encanta sentarnos un ratito a colorearlas.... qué coincidencia verdad????? lo de hacer un libro es una idea estupenda¡¡¡¡¡¡ nosostros las colocamos por la clase, quedan muy bonitas decorando. Muchos besitos y esperamos vuestras cartas, espero que os gusten las nuestras.

Anónimo dijo...

Escribirnos mucho que seguro que nos encantarán!!!
Muchos besos desde tabagón.

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).