Hoxe o moucho repiteu a mesma historia de mandarnos facer cousas, desas nas que temos que estar moi atentos, pois se nos despistamos... non nos saen as tarefas que nos di.
Hoxe mandounos tocar a nariz dos nosos veciños de mesa...

facerlle cóxegas ós nosos compañeir@s da dereita e da esquerda no corro da asamblea, poñernos boca abaixo e agarrar os pés...

que a encargada fose a catro patas a coller a caixa máxica e mirar se había algo

e... sorpresa!!!! había tres cousas: dous libros viaxeiros (un de contos e outro de debuxos) que irán completándose a medida que vaian viaxando polas nosas casas, e album con fotos nosas, do cole, nas que estamos todos pintados (nas festas, cumples...) e no que teremos que escribir os pés de foto, e logo convertilo nun album viaxeiro! cantas cousas!!!!
Hoxe só comezou a viaxar un, o dos debuxos, que o levou Paula, mañá comezará a viaxar o dos contos, e para a semana, a ver se temos listo o album de fotos (non vos aseguramos nada, posto que temos moito que escribir, e ás veces... nos liamos con cousas, e don damos acabado, pero... esperemos que sí!).

Ademais o moucho nos pediu que nos presentasemos correctamente a el, porque ás veces facemos tanto barullo que non se da enterado de quen é cada un, así que, fixemos unha fila, e fomos saudándoo: Ola moucho, bós días son Aarón, hola moucho, bós días, son Diego...
No hay comentarios:
Publicar un comentario