O caso é que ás veces, non nos damos conta de que realmente pode ter máis valor algo feito por nós que unha cousa mercada, pero... xa nos mal-acostumamos a mercar, mercar e mercar!!!!!
Pero probade, se acompañamos o noso agasaio cun elemento personalizado e propio seguro que gustará máis, por exemplo:
- Que o nen@ faga un debuxo personalizado para @ cumpreañeir@ e o enmarque pegándoo nunha cartolina e poñéndolle unha lá por detrás para colgalo coma se fose un cadro (moi importante, que non se olvide de facer a sinatura, e a data).
- Que o nen@ faga unha etiqueta divertida para o agasaio, na que poña o nome d@ cumpreañeir@, o seu propio e un pequeniño debuxo (lembrade que sempre se pode decorar pegándolle distintos elementos para que quede máis vistoso: purpurina, pauciños, algodón....)
- E... por que non? que faga a súa propia felicitación de cumpreanos. Pode ser que simplemente faga o debuxo e escriba o texto nun folio ou nunha cartolina dobrada... ou que os maiores lles axudemos coas súas creacións libres, e convertíndoas en cousas "moi elaboradas" e orixinais.
Preséntovos aquí un exemplo nun vídeo dun programa de TV que seguro xa víchedes máis dunha e dúas veces (ART ATTACK). Neste elaboran unhas felicitacións cun crocodilo, cunha cabaza... pero collendo a idea, veredes como se pode traspasar a calquera debuxo que faga un nen@.
Tamén podedes utilizar a técnica dos rizos de papel para facer unhas creacións ben bonitas, aínda que estas teñen que ser realizadas polos adultos, xa que requiren dunha precisión e unha motricidade fina que os nen@s aínda non posúen.
Mirade algúns exemplos que atopei no libro: Rizos de Papel.



No hay comentarios:
Publicar un comentario