
Seguro que algún de vós colecciona algo: pegatinas, chaveiros, chapas de botellas... Eu estes días ando a voltas cunha colección de selos que comecei cando tiña 13 anos, e que tiña algo aparcada. Estiven ordenandoos e descubrín que no ano 2005 e coa idea de que os nen@s coñezan o mundo da
filatelia, saíu publicado en correos un album coa historia da filatelia (que é un selo, unha carta...) e coa propia serie de selos dos Lunnis.

Conseguín un exemplar e cando volva ó cole seguro que nos servirá para descubrir un montón de cousas, e como non... axudaranos para seguir co noso proxecto de correo postal, cos nosos amig@s de Asturias. Non credes? Se tedes algún na casa xa sabedes, imos precisalos para velos no cole, así que... ide xuntándoos. Moitas grazas pola vosa colaboracion!!

E... xa que estamos a falar dos Lunnis, deixovos un enlace a unha páxina dende a que podedes descargar os xogos interactivos "
APRENDILUNNIS".
E... como seguro que tod@s coñecedes a canción dos Lunnis de "Vamos a la cama", e é un bo xeito de irse a durmir de bo humor... pois por que non probades a gravar no ordenador, estilo Karaoke a vosa propia canción? Nesta páxina que vos deixo podedes facelo!!!
A cantar no karaoke!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario