Todas as cousas que facemos nós mesmos teñen máis valor do que en sí parece, e para os nen@s tamén, así que... seguro que lles fará ilusión crear a súa propia viseira.
Deixóvos dous modelos, un propio personalizado para a nosa escola, e outro, que é a plantilla que podedes utilizar para crear libremente o voso propio modelo.
É tan sinxelo como imprimila (a poder ser en cartolina) e decorala: pintándoa co material que máis vos guste (ceras duras ou brandas, témperas, rotuladores...) e unha vez decorada, haberá que picar cun punzón polas liñas (tendo cuidado de que non rompa nin o círculo nin o borde-soporte da viseira).
Viseira Escola de TabagÓn
Publish at Scribd or explore others:
Plantilla Para Personalizar Visera
Publish at Scribd or explore others:
No hay comentarios:
Publicar un comentario