Algúns xa coñecemos algo do
Concello do Rosal, coma min, que aínda me faltan moitos recunchos por ver, pero que algúns xa os visitei. E os que me ledes desde ese concello seguro que o coñecedes moi ben, pero... e os que nos len dende máis lonxe, doutro concello, doutra comunidade, ou doutro país? saberán como é o concello do Rosal?
Para que a resposta sexa sí, teremos que amosarllo, así que... que vos parecería facer unha recopilación de imaxes sobre o concello e todas as súas parroquias con recunchos tan bonitos coma os Muiños de Folón e Picón, a praia de Eiras, a ponte do río Tamuxe...?
Se picades nas imaxes que poño de exemplo iredes ás páxinas web de onde as saquei, e veredes que na rede moita información sobre este concello.



Mandade as imaxes ó correo: clasedebea@hotmail.com, e con elas farei unha presentación que se irá modificando con todas as vosas aportacións, e que estará sempre visible na barra dereita do blog. Quen empeza?
1 comentario:
hola Bea,
que lugar tan bonito para ser mestra!Eu tamén pensei en facer algo deste estilo; deixándolles aos nenos a niña cámara vella para que cada un saque unha foto do lugar que máis lle guste de Coruña, algo así como A CAMARA VIAXEIRA.
A idea era tamén colocalo no blog que creemos para que o resto da comunidade educativa vexa a nosa cidade con ollos de neno, pero claro, primeiro teremos que facer o blog!!! e niso estaremos en canto me incorpore, que penso que será o dia 2 de febreiro.
bicos
Raque
Publicar un comentario