UMMMMM... QUÉ RICO!!!

E sigo con cousas de cociña para nen@s que, como podedes supoñer, encántanme. Así que... aquí vos deixo dúas presentacións duns libros de cociña especiais para eles: os protagonistas de tódalas casas!!!!
Espero que vos gusten, e que collades moitísimas ideas para facelas con eles.


5 comentarios:

Dracs i Cangurs dijo...

Pues que decir del vuestro. También os hemos premiado. Nos encanta vuestro blog. Un fuerte saludo
http://dragonsicangurs.wordpress.com/

Nai Von Cake dijo...

Bea, te dejo otro premio en mi blog!!!! Vas a tener una colección enorme de ellos!!!! Jajajaja. Bikiños!!!

piollosepulgas dijo...

Hola soy Puri,pasate por nuestro blog tenemos un regalito para ti
www.andurinhas.blogspot.com

Chus dijo...

Xa vemos que tedes moitos premios, é normal porque a nós tamén nos gusta por iso temos outro máis para vós. Noraboa e unha aperta.
Formigas: http://formigasinvestigadoras.blogspot.com/

Piscis_10 dijo...

Hola!!
Me han encantado las recetas, son muy originales y divertidas.
Un saludo*

COUSAS PARA RIR:

Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!".
Lucía e Adrián:
están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!!

Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!)
Joel:
remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando!
Adrián:
Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras".
Aaron: Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose".
Lucía: Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema".
Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois".
(Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).