Solo tres letras, tres letras nada más, solo tres letras que para siempre aprenderás. Solo tres letras para escribir PAZ. La P, la A, y la Z, solo tres letras. Solo tres letras, tres letras nada más, para cantar PAZ, para hacer PAZ. La P de pueblo, la A de amar y la zeta de zafiro o de zagal. (De zafiro por un mundo azul, de zagal por un niño como tú) GLORIA FUERTES
Que vos parece escribir unha mensaxe de paz nesta paloma de abaixo (que hai que montar) e colgala nunha das árbores do cole, ou nas ventanas, ou nas vosas casas...
Algúns xa coñecemos algo do Concello do Rosal, coma min, que aínda me faltan moitos recunchos por ver, pero que algúns xa os visitei. E os que me ledes desde ese concello seguro que o coñecedes moi ben, pero... e os que nos len dende máis lonxe, doutro concello, doutra comunidade, ou doutro país? saberán como é o concello do Rosal? Para que a resposta sexa sí, teremos que amosarllo, así que... que vos parecería facer unha recopilación de imaxes sobre o concello e todas as súas parroquias con recunchos tan bonitos coma os Muiños de Folón e Picón, a praia de Eiras, a ponte do río Tamuxe...? Se picades nas imaxes que poño de exemplo iredes ás páxinas web de onde as saquei, e veredes que na rede moita información sobre este concello. Mandade as imaxes ó correo: clasedebea@hotmail.com, e con elas farei unha presentación que se irá modificando con todas as vosas aportacións, e que estará sempre visible na barra dereita do blog. Quen empeza?
Os caligramas son formas moi especiais de debuxar, utilizando como liñas as palabras, normalmente dunha poesía, sendo o debuxo parte central do texto. Aínda que normalmente se fan con poesías, tamén as poderíamos facer con adiviñas por exemplo. Aquí amósovos algúns exemplos que atopei no buscador de imaxes de google, e que reflicten de que xeito tan gráfico se misturan as palabras e o debuxo. Atrevédesvos vós a facer un caligrama? gustaríame recibir no correo as vosas creacións e logo publicalas aquí, quen se anima? Utilizade unha adiviña, unha poesía, unha canción... o que máis vos guste. Por se non se vos ocorre nada, póñovos unhas adiviñas para que fagades os caligramas, vale? Espero as vosas respostas!!!
Sempre quietas, sempre inquietas; durmidas de día, de noite despertas. (SALERTSE SA)
Unha grande moeda dourada que vale moito e pola que non pagas nada. (LOS O)
Estes son os que fixen eu, seguro que vos tedes algún máis bonito. A que esperades para mandarvos?
Seguro que tod@s estamos dacordo en que está facendo moito, moito frío. Non? E aínda que estos días, non vai o sol que desexaríamos, por que non facer unha viseira personalizada para cando o sol nos colla de sorpresa? Todas as cousas que facemos nós mesmos teñen máis valor do que en sí parece, e para os nen@s tamén, así que... seguro que lles fará ilusión crear a súa propia viseira. Deixóvos dous modelos, un propio personalizado para a nosa escola, e outro, que é a plantilla que podedes utilizar para crear libremente o voso propio modelo. É tan sinxelo como imprimila (a poder ser en cartolina) e decorala: pintándoa co material que máis vos guste (ceras duras ou brandas, témperas, rotuladores...) e unha vez decorada, haberá que picar cun punzón polas liñas (tendo cuidado de que non rompa nin o círculo nin o borde-soporte da viseira). Viseira Escola de TabagÓn
Seguro que algún de vós colecciona algo: pegatinas, chaveiros, chapas de botellas... Eu estes días ando a voltas cunha colección de selos que comecei cando tiña 13 anos, e que tiña algo aparcada. Estiven ordenandoos e descubrín que no ano 2005 e coa idea de que os nen@s coñezan o mundo da filatelia, saíu publicado en correos un album coa historia da filatelia (que é un selo, unha carta...) e coa propia serie de selos dos Lunnis. Conseguín un exemplar e cando volva ó cole seguro que nos servirá para descubrir un montón de cousas, e como non... axudaranos para seguir co noso proxecto de correo postal, cos nosos amig@s de Asturias. Non credes? Se tedes algún na casa xa sabedes, imos precisalos para velos no cole, así que... ide xuntándoos. Moitas grazas pola vosa colaboracion!! E... xa que estamos a falar dos Lunnis, deixovos un enlace a unha páxina dende a que podedes descargar os xogos interactivos "APRENDILUNNIS".
E... como seguro que tod@s coñecedes a canción dos Lunnis de "Vamos a la cama", e é un bo xeito de irse a durmir de bo humor... pois por que non probades a gravar no ordenador, estilo Karaoke a vosa propia canción? Nesta páxina que vos deixo podedes facelo!!! A cantar no karaoke!!!
Hai tempo que non recibo novas vosas así que non sei.... como andades?, que tal o pasáchedes nas vacacións de Nadal...? trouxeronvos ou non moitas cousas os Reis? En fin, contádeme un pouquiño o que estades a facer no cole, porque non o sei. Sería bo que con axuda dos maiores escribírades algún comentario no blog e así eu sei máis cousas do que andades a facer mentres eu non estou, que vos parece??? O "moucho" díxome onte que ás veces aínda vos portades regular, é certo iso?? Xa me contaredes!!! Pero espero que fose unha pequena bromiña do moucho. Fíxedevos se lle está a medrar o naris!!!
Propóñovos unha sinxela actividade que poderedes facer na casa e coa que traballaradedes tanto a lingua (vocabulario, letras...) coma a lóxica (números, conteo...). Neste caso propoño un tema de moitísimo interese polos nen@s e que é o circo. Así, a partir do seu vocabulario temático pódense traballar moitísimas cousas: Tipos de casas, vivendas, edificios: carpas, iglús, pisos... Profesións: paiasos, , bailarinas, magos... Os animais: leóns, focas, elefantes, tigres, cans... e centrar o estudo dos mesmos segundo as súas distintas características: polo seu hábitat, pola súa alimentación, polo seu nacemento, polo seu número de patas... E un sinfín de cousas que a partires de aquí poderán xurdir!!! Deíxovos tamén un puzle dun paiaso, porque xa sabedes o que me gusta que fagades cousiñas na casa. Espero que vos guste!!! cando o teñades pintado e recortado, xa sabedes, toca facelo e desfacelo unha e outra vez. E como non, emprestarllo ós demais para que proben a facelo (familiares, compañeir@s...).
Traballar a atención é moi importante, así que cuns cadros de arte e unha actividade ben sinxela a ver se adultos e nen@s conseguides saber a que cadro pertence cada peza (no menor tempo posible claro). E... de que cadros non se amosan pezas?
Sabíades que existe un xeito de aforrar enerxía, prolongar a vida dos monitores dos nosos ordenadores e ademais reducir a nosa tensión ocular, cansando así menos a nosa vista ante a pantalla do ordenador? Pois sí, podemos contribuir tanto á nosa saúde coma ó medio ambiente, cunha mesma ferramenta: UTILIZAR GOOGLEBLACK. É un buscador exactamente igual que o google que utilizamos, pero co fondo de pantalla negro, e polo tanto utilizando outras cores para os textos. Probade a ver que vos parece!!!
Tod@s sabemos a grande vida social que teñen os nen@s dende ben pequenos, hoxe en día. Que si o cumpreanos da curmá, que si os compañeir@s do cole... sempre están de festa, sobre todo nas fins de semana, e normalmente cada un leva o seu agasaio a cada un dos eventos festivos ós que acode. Estou segura de que ás familias ás veces xa non se vos ocorre nin que mercar, verdade? O caso é que ás veces, non nos damos conta de que realmente pode ter máis valor algo feito por nós que unha cousa mercada, pero... xa nos mal-acostumamos a mercar, mercar e mercar!!!!! Pero probade, se acompañamos o noso agasaio cun elemento personalizado e propio seguro que gustará máis, por exemplo: - Que o nen@ faga un debuxo personalizado para @ cumpreañeir@ e o enmarque pegándoo nunha cartolina e poñéndolle unha lá por detrás para colgalo coma se fose un cadro (moi importante, que non se olvide de facer a sinatura, e a data). - Que o nen@ faga unha etiqueta divertida para o agasaio, na que poña o nome d@ cumpreañeir@, o seu propio e un pequeniño debuxo (lembrade que sempre se pode decorar pegándolle distintos elementos para que quede máis vistoso: purpurina, pauciños, algodón....) - E... por que non? que faga a súa propia felicitación de cumpreanos. Pode ser que simplemente faga o debuxo e escriba o texto nun folio ou nunha cartolina dobrada... ou que os maiores lles axudemos coas súas creacións libres, e convertíndoas en cousas "moi elaboradas" e orixinais. Preséntovos aquí un exemplo nun vídeo dun programa de TV que seguro xa víchedes máis dunha e dúas veces (ART ATTACK). Neste elaboran unhas felicitacións cun crocodilo, cunha cabaza... pero collendo a idea, veredes como se pode traspasar a calquera debuxo que faga un nen@.
Tamén podedes utilizar a técnica dos rizos de papel para facer unhas creacións ben bonitas, aínda que estas teñen que ser realizadas polos adultos, xa que requiren dunha precisión e unha motricidade fina que os nen@s aínda non posúen. Mirade algúns exemplos que atopei no libro: Rizos de Papel. Tócavos a vós, máns á obra, cando teñades un cumpreanos, xa sabedes: A CREAR!!!!
Xa é hora de que @s máis maiores ratiñ@s da escola de Tabagón comecen a atar os seus cordóns, ou que polo menos, comecen a intentalo, non credes? Atopei un conto na rede que é perfecto para este tema, e que amosa como hai que intentar facer as cousas antes de dicir que non sabemos facelas, logo, tras intentalo varias veces, seguro que o conseguimos. Outro libro moi apropiado é este: Para saber máis datos sobre o mesmo, picar aquí. Ademais deixovos aquí unhas plantillas para que as imprimades en cartolina, ou as calquedes en cartón, ou mesmo as imprimades en folio (e a ser posible as plastifiquedes ou forredes para que duren máis e se manteñan duras)... e así @s nen@s poderán practicar un pouquiño na casa, con cordóns vellos que seguro teredes por ahí. Tamén se poden utilizar pequenas poesías ou retahílas, como por exemplo: " LAZO GRANDE, LAZO MIÚDO, CRUZAS OS DOUS E XA TES UN NUDO" (Esta é unha versión traducida tal cal para que rime, senón sería nó e non nudo). Esta sóame de escoitala nunha película, aínda que non me lembro de cal.
Seguro que hai un montón de formas de facer máis fácil esta aprendizaxe que logo se fará tan cotiá, así que se alguén sabe outra forma que no-la faga saber a través dos comentarios ou do noso correo de aula, e as poñemos aquí. Grazas por colaborar!!!
Navegando pola rede, e non sei ben buscando que, coma sucede moitas veces... atopei unha páxina moi completa sobre Galicia, e en realidade trátase dunha enciclopedia sobre a fantasía popular da nosa comunidade. Fala de todo un pouco: de lendas, de toponimia, de xogos populares... estaría ben que lle botarades unha ollada que seguro que descubrides algunha curiosidade, eu descubrín unhas cantas.
Celia: despois de moito correr polo patio (no recreo) ven e dime que lle mire o corazón que ten unha taquicardia. Despois dun rato, e de falar sobre as pulsacións (que aumentan despois de facer moito exercicio, ou se estamos moi nerviosos...) suspira e di: "ay, porque los humanos tendremos que sufrir tanto!!!". Lucía e Adrián: están falando e Lucía dille a Adrián, ven á miña casa, (e Adri dille que sí). Logo Lucía dille, sí ven que vou ter moitas visitas... (e cando volvo a escoitar a conversa oigo a Adrián que lle di: puffff, non eu non vou que con tantas mulleres me vou a empachar!!! Adrián: estamos na asamblea e miramos o panel dos encargad@s, e temos que facer un salto, porque non podemos ter dous cargos xuntos, entón di Adrián, hoxe tócalle a Naim porque Ángela é a turista!!!! (protagonista, claro!) Joel: remata unha ficha e dígolle agora pon o teu nome e a data (e sinálolle para o encerado magnético onde está posta), el mirame con cara rara e dime: a lata? profe eu non se de que lata me estás falando! Adrián:Están falando na asamblea, por quendas, e alguén comenta que a súa habitación ten dúas camas, e o color da súa habitación... cando lle toca de falar a Adrián el tamén explica como é a súa habitación, e nos di que hai dúas camas, que el durme na máis alta e Ángela na máis pequena. Pero o que máis claro nos deixa é que: "no son dos camas, una encima de la otra, porque esas cuestan mucho dinero y yo sólo tengo dos carteras". Aaron:Estando no patio, un neno me di que hai unha pala de xogar no areeiro rota, é ven Aaron correndo, e dime: "no importa profe, mamá la cose". Lucía:Nun momento de patio no que está comigo porque se acaba de pelexar, dígolle que se quede conmigo un ratiño, ata que se lle vaia o xenio. Pasado un rato dime, "profe, xa se foi" e eu dígolle, non que aínda o vexo por aquí (e fago un xesto sinalando por riba da súa cabeza). Ela moi chea de razón, toca a cabeza e dime "pero profe, isto non é o xenio, é unha diadema". Aaron: Ven a ensinarme unha pupa que ten na man, e eu sóplolle nela e cántolle: Sana sana cuíño de rá, senon sanas hoxe sanarás... e calei para que el seguirá, e dixo: "despois". (Debía de querer unha curación máis rápida do que di a canción).
A NOSA BITÁCORA
Aquí poderedes ver que facemos na Escola de Paradela (Tabagón), pertencente ó CRA. María Zambrano (O Rosal -Pontevedra). Co seu nome, "Ratos de escola" quero reflictir a importancia deses momentos inesquecibles de cousas que a cotío suceden dentro dunha aula, neste caso a dos meus ratiños e ratiñas de Paradela, que teñen entre 3 e 5 anos.
O NOSO CORREO:
Para calquera consulta, ou para axudarnos nos nosos proxectos, enviándonos materiais, compartindo ideas... podedes escribirnos ó enderezo: clasedebea@hotmail.com